Practica Judo
Beneficios
O judo é unha actividade orientada de cara a mellorar a resistencia cardio-respiratoria, a resistencia anaeróbica, a forza, a velocidade, a flexibilidade e a mobilidade articular. Mellorarase con todo elo a saúde psicolóxica, o que reducirá a ansiedade e o estrés, aparecendo estados emocionais positivos.
Orixe
Jigoro Kano (1863-1938), experto practicante do ju-jitsu, crea sobre este e outras disciplinas practicadas por aquel entón no Xapón as bases do judo. Inaugurou o primeiro ximnasio Kodokan (“Casa que ensina o camiño”) no 1882, e tras unha popularización moi rápida, apenas dez anos máis tarde foi adoptado como deporte oficial polas autoridades educativas e a policía incluíuno nos seus programas de adestramento.
Entre outros cargos públicos, Kano foi o primeiro xaponés no Comité Olímpico Internacional e Secretario do Ministerio de Educación nipón.
Desde 1964 é considerado deporte olímpico, sendo engadido ó programa dos xogos de Tokio. Trátase da primeira arte marcial que acada esta categoría.
A palabra judo está composto por dous vocablos seguintes:
* “JU” que se traduce por algo así como: “suave”, “non resistencia”, “flexible”, etc.
* “DO” que quere dicir: “camiño”, “camiño de vida”, “forma de vida”, etc.
Polo tanto a traducción casi literal sería “camiño cara a suavidade”, “camiño da flexibilidade”…
“DO” refírese á vida, ó camiño que cada un de nós ha de recorrer neste deporte e a forma en que facelo, un estilo de vida.
Judo Infantil
O judo é unha disciplina deportiva de defensa persoal que proporciona unha educación física e mental aplicable na vida cotiá.
A UNESCO aconsella a práctica do judo en idade escolar polo seu alto interese formativo, sendo elixido como deporte escolar e universitario polo Ministerio de Educación e Cultura.
A Competición
Destinado a aquelas persoas que lles guste a competición, medirse a outros rivales, fixarse retos e obxectivos e tratar de conseguilo por medio do adestramento e espírito de sacrificio.
Os judokas pelexan en diferentes categorías segundo o seu sexo e peso.
