Liga Internacional en Vigo

28 de October de 2011

A sé da 3ª xornada da Liga Internacional de Clubs 2011 será o Pavillón Municipal de Navia, o vindeiro 5 de novembro.

Pese a este cambio ó que se viu na obriga a Federación Galega de Judo, manteranse os horarios habituais, sendo a pesaxe de 12 a 13 horas e o comezo da competición ás 16:00 horas.

Esta é a derradeira xornada, na que se definirán os equipos que finalmente accedan ao play-off polo título.

Para chegar ao pavillón ubicado no PAU de Navia:


Visualizar o mapa ampliado

{lang: 'es'}

EXAMES DE CINTO NEGRO

20 de October de 2011

O 9 de outubro fixéronse os exames para a obtención do cinto negro, o cal foi aprobado por varios judokas da A.D. Famu.

Na galería de fotos atoparedes algunhas das fotografías dos exames tiradas por Darío Rodríguez Camba.

{lang: 'es'}

2ª Xornada da Liga

15 de October de 2011

A 2ª xornada de liga levouse a cabo no pavillón de Oira, ofrecendo novamente o alto nivel da primeira.

Trala incomparecencia dalgúns rivais, o Famu A afiánzase na 4º praza que da acceso aos play-off tras gañar 4 dos 5 encontros disputados nesta xornada, sumando unha única derrota fronte o Judo Avilés A.

Sinalar a incorparación nesta xornada de David Abalde e a fichaxe de Hugo Burgos para consolidar a formación.

O Famu B tivo unha difícil xornada o que lle fixo baixar ata a 15ª posición, na que o equipo vallisoletano do Lourdes Tuvasa mantén o liderado inda que con máis encontros disputados ata agora co resto de rivais.

Tampouco o equipo feminino logrou sumar unha victoria nos encontros disputados hoxe.

Todas as imaxes do campionato aquí.

{lang: 'es'}

Super Copa de España Sub 16

3 de October de 2011

O pavillón municipal de Navia acollerá o vindeiro sábado 8 de outubro, a Super Copa de España sub 16 (XVI Gran Premio Internacional Cidade de Vigo).

Ademais dos mellores judocas nacionais, contarase coa participación de deportistas de Alemania, Italia, Portugal e Suecia.

Formarán parte da representación galega varios judocas da AD Famu:

Jorge Rial Suarez, Marcos Estevez Navarro, Brais Barreiro Prego, Daniel Castelaín Gutierrez, Carlos Freire Vega, Dimas Leirós Díaz, Ana Isabel Genovese Martínez e Clara Miguez Rodríguez.

{lang: 'es'}