Éxito da XIX edición da Festa do Judo Infantil

20 de December de 2011

Máis de 1500 nenos e nenas de clubs e colexios da provincia inundaron o IFEVI nun novo récord de participación na xa tradicional Festa do Judo – Trofeo Mestre De Frutos.

As diversas autoridades presentes fixeron entrega dos premios aos mellores deportistas do ano, sendo tamén colaboradores e patrocinadores premiados, gracias ós cales xunto cos 140 voluntarios foi posible unha nova edición da Festa do Judo Infantil.

O pabillón con tódalas bancadas completas, asistíu á ilusión coa que estes novos judokas despregaron as diversas técnicas aprendidas e que foron premiadas coas valoracións dos xuíces e un agasallo final. Ó mesmo tempo foron sucedéndose exhibicións de artes marciais no tatami central que culminaron cunha divertida exhibición de defensa personal protagonizada por Batman.

A festa foi reseñada en numerosos medios de comunicación, como podemos apreciar neste amplo artigo do Faro de Vigo. Tamén a galega 2 ofrecerá unha reportaxe o vindeiro sábado 24 pola mañá.

Todas as fotos desta edición na Galería de Imaxes.

{lang: 'es'}

Festa do Judo Infantil – Trofeo De Frutos 2011

15 de December de 2011

Esta festa lúdico – deportiva que ano tras ano deixaba pequeno o Pavillón Central das Travesas en Vigo e que xa se converteu nun evento indispensable dentro do noso calendario de actividades, chega este ano a súa 19ª edición e por segundo ano consecutivo o magnífico escenario do pavillón 3 do IFEVI (Instituto Feiral de Vigo) acollerá a uns mil cincocentos nenos e nenas participantes, nunha xornada de mañá, abarrotando as bancadas de público e cunha complexa organización que a continuación pasamos a resumir:

ORGANIZACIÓN: ASOCIACIÓN DEPORTIVA FAMU DE VIGO e FEDERACIÓN GALEGA DE JUDO E D.A.

PATROCINADORES: SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE, EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA e EXCMO. CONCELLO DE VIGO.

COLABORAN: BEGANO COCA-COLA, FARO DE VIGO,
RADIO VIGO.

PARTICIPACIÓN: 1.500 JUDOKAS (NENOS E NENAS DE 4 A 14 ANOS) DE TODOS OS CLUBS E COLEXIOS DA PROVINCIA.

LUGAR: IFEVI – RECINTO FEIRAL DE VIGO (COTOGRANDE).

DATA: DOMINGO 18 DE DECEMBRO DE 2011.

Os colaboradores deberán acudir o sábado ás 10:00 hrs para a montaxe e preparación do recinto.

{lang: 'es'}

Campionato Galego Absoluto 2011

11 de December de 2011

A cidade de Ferrol volveu acoller unha nova edición do Campionato Galego Absoluto de Judo.

De entre os participantes da AD Famu, destacar as medallas acadadas por:

Jetsabel Varela (Bronce -52kg)
Laura Bajo (Ouro -57kg)
Aída Sánchez (Bronce -70kg)
Álvaro Muzas (Bronce -60kg)
David Abalde (Prata -66kg)
Alberto Menéndez (Prata -73kg)
Miguel Romero (Ouro -81kg)
Carlos Álvarez (Ouro -100kg)

{lang: 'es'}

Play-off Liga de Clubs

27 de November de 2011

O equipo feminino da AD Famu acadou a 2ª praza do pódium no play-off final polo título da Liga Internacional de Clubs, sendo tan só superado polo Judo Club Arteixo

{lang: 'es'}