A Festa do Judo 2011 na TVG
16 de January de 2012Reportaxe emitido na Galega 2 sobre a festa do Judo (A partir do minuto 14:40)
Previamente, hai unha reportaxe da judoka galega Sara Álvarez (Campiona de Europa sub 23)
Archive for the ‘Judo Escolar’ CategoryA Festa do Judo 2011 na TVG16 de January de 2012Reportaxe emitido na Galega 2 sobre a festa do Judo (A partir do minuto 14:40) Previamente, hai unha reportaxe da judoka galega Sara Álvarez (Campiona de Europa sub 23) Exhibición Batman Festa do Judo 201112 de January de 2012Exhibición final da festa do Judo Infantil -- Trofeo Mestre De Frutos, realizada o 18/12/2011 no IFEVI.
Éxito da XIX edición da Festa do Judo Infantil20 de December de 2011Máis de 1500 nenos e nenas de clubs e colexios da provincia inundaron o IFEVI nun novo récord de participación na xa tradicional Festa do Judo – Trofeo Mestre De Frutos. As diversas autoridades presentes fixeron entrega dos premios aos mellores deportistas do ano, sendo tamén colaboradores e patrocinadores premiados, gracias ós cales xunto cos 140 voluntarios foi posible unha nova edición da Festa do Judo Infantil. O pabillón con tódalas bancadas completas, asistíu á ilusión coa que estes novos judokas despregaron as diversas técnicas aprendidas e que foron premiadas coas valoracións dos xuíces e un agasallo final. Ó mesmo tempo foron sucedéndose exhibicións de artes marciais no tatami central que culminaron cunha divertida exhibición de defensa personal protagonizada por Batman. A festa foi reseñada en numerosos medios de comunicación, como podemos apreciar neste amplo artigo do Faro de Vigo. Tamén a galega 2 ofrecerá unha reportaxe o vindeiro sábado 24 pola mañá. Todas as fotos desta edición na Galería de Imaxes. Festa do Judo Infantil – Trofeo De Frutos 201115 de December de 2011Esta festa lúdico – deportiva que ano tras ano deixaba pequeno o Pavillón Central das Travesas en Vigo e que xa se converteu nun evento indispensable dentro do noso calendario de actividades, chega este ano a súa 19ª edición e por segundo ano consecutivo o magnífico escenario do pavillón 3 do IFEVI (Instituto Feiral de Vigo) acollerá a uns mil cincocentos nenos e nenas participantes, nunha xornada de mañá, abarrotando as bancadas de público e cunha complexa organización que a continuación pasamos a resumir: ORGANIZACIÓN: ASOCIACIÓN DEPORTIVA FAMU DE VIGO e FEDERACIÓN GALEGA DE JUDO E D.A. PATROCINADORES: SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE, EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA e EXCMO. CONCELLO DE VIGO. COLABORAN: BEGANO COCA-COLA, FARO DE VIGO, PARTICIPACIÓN: 1.500 JUDOKAS (NENOS E NENAS DE 4 A 14 ANOS) DE TODOS OS CLUBS E COLEXIOS DA PROVINCIA. LUGAR: IFEVI – RECINTO FEIRAL DE VIGO (COTOGRANDE). DATA: DOMINGO 18 DE DECEMBRO DE 2011. Os colaboradores deberán acudir o sábado ás 10:00 hrs para a montaxe e preparación do recinto. |