Archive for the ‘Campionatos’ CategoryEuropean Cup de Malaga 201115 de November de 2011Laura Bajo acadou o 5º posto na European Cup Senior de Málaga celebrado o 12/11/2011
3ª Xornada de Liga10 de November de 2011O Famu A masculino pagou en exceso a ausencia de Miguel Romero nesta xornada, colleitando sendas derrotas fronte ó JC Arteixo e o Lourdes Tuvasa de Valladolid. Pese a impoñerse ao JC Coruña, finalmente o equipo quedou fóra dos postos que dan acceso ao play-off, nun 5º posto final, a tan só un empate da 4ª praza. O Famu B deixou boas sensacións na súa participación, contanto entre os seus compoñentes algúns judokas que inda non participaran nesta edición. A cara positiva foi a clasificación do equipo feminino para os play-off, que contando con dúas judokas portuguesas coma fichaxes, ascendeu ata a 4ª posición. Liga Internacional en Vigo28 de October de 2011A sé da 3ª xornada da Liga Internacional de Clubs 2011 será o Pavillón Municipal de Navia, o vindeiro 5 de novembro.
Pese a este cambio ó que se viu na obriga a Federación Galega de Judo, manteranse os horarios habituais, sendo a pesaxe de 12 a 13 horas e o comezo da competición ás 16:00 horas. Esta é a derradeira xornada, na que se definirán os equipos que finalmente accedan ao play-off polo título. Para chegar ao pavillón ubicado no PAU de Navia: |


