European Cup de Malaga 2011
15 de November de 2011Laura Bajo acadou o 5º posto na European Cup Senior de Málaga celebrado o 12/11/2011

Archive for the ‘Campionatos’ CategoryEuropean Cup de Malaga 201115 de November de 2011Laura Bajo acadou o 5º posto na European Cup Senior de Málaga celebrado o 12/11/2011
3ª Xornada de Liga10 de November de 2011O Famu A masculino pagou en exceso a ausencia de Miguel Romero nesta xornada, colleitando sendas derrotas fronte ó JC Arteixo e o Lourdes Tuvasa de Valladolid. Pese a impoñerse ao JC Coruña, finalmente o equipo quedou fóra dos postos que dan acceso ao play-off, nun 5º posto final, a tan só un empate da 4ª praza. O Famu B deixou boas sensacións na súa participación, contanto entre os seus compoñentes algúns judokas que inda non participaran nesta edición. A cara positiva foi a clasificación do equipo feminino para os play-off, que contando con dúas judokas portuguesas coma fichaxes, ascendeu ata a 4ª posición. Liga Internacional en Vigo28 de October de 2011A sé da 3ª xornada da Liga Internacional de Clubs 2011 será o Pavillón Municipal de Navia, o vindeiro 5 de novembro.
Pese a este cambio ó que se viu na obriga a Federación Galega de Judo, manteranse os horarios habituais, sendo a pesaxe de 12 a 13 horas e o comezo da competición ás 16:00 horas. Esta é a derradeira xornada, na que se definirán os equipos que finalmente accedan ao play-off polo título. Para chegar ao pavillón ubicado no PAU de Navia: 2ª Xornada da Liga15 de October de 2011A 2ª xornada de liga levouse a cabo no pavillón de Oira, ofrecendo novamente o alto nivel da primeira. Trala incomparecencia dalgúns rivais, o Famu A afiánzase na 4º praza que da acceso aos play-off tras gañar 4 dos 5 encontros disputados nesta xornada, sumando unha única derrota fronte o Judo Avilés A. Sinalar a incorparación nesta xornada de David Abalde e a fichaxe de Hugo Burgos para consolidar a formación. O Famu B tivo unha difícil xornada o que lle fixo baixar ata a 15ª posición, na que o equipo vallisoletano do Lourdes Tuvasa mantén o liderado inda que con máis encontros disputados ata agora co resto de rivais. Tampouco o equipo feminino logrou sumar unha victoria nos encontros disputados hoxe. Todas as imaxes do campionato aquí. |