Éxito da XIX edición da Festa do Judo Infantil

Máis de 1500 nenos e nenas de clubs e colexios da provincia inundaron o IFEVI nun novo récord de participación na xa tradicional Festa do Judo – Trofeo Mestre De Frutos.

As diversas autoridades presentes fixeron entrega dos premios aos mellores deportistas do ano, sendo tamén colaboradores e patrocinadores premiados, gracias ós cales xunto cos 140 voluntarios foi posible unha nova edición da Festa do Judo Infantil.

O pabillón con tódalas bancadas completas, asistíu á ilusión coa que estes novos judokas despregaron as diversas técnicas aprendidas e que foron premiadas coas valoracións dos xuíces e un agasallo final. Ó mesmo tempo foron sucedéndose exhibicións de artes marciais no tatami central que culminaron cunha divertida exhibición de defensa personal protagonizada por Batman.

A festa foi reseñada en numerosos medios de comunicación, como podemos apreciar neste amplo artigo do Faro de Vigo. Tamén a galega 2 ofrecerá unha reportaxe o vindeiro sábado 24 pola mañá.

Todas as fotos desta edición na Galería de Imaxes.

{lang: ‘es’}