Festa do Judo Infantil – Trofeo De Frutos 2011

Esta festa lúdico – deportiva que ano tras ano deixaba pequeno o Pavillón Central das Travesas en Vigo e que xa se converteu nun evento indispensable dentro do noso calendario de actividades, chega este ano a súa 19ª edición e por segundo ano consecutivo o magnífico escenario do pavillón 3 do IFEVI (Instituto Feiral de Vigo) acollerá a uns mil cincocentos nenos e nenas participantes, nunha xornada de mañá, abarrotando as bancadas de público e cunha complexa organización que a continuación pasamos a resumir:

ORGANIZACIÓN: ASOCIACIÓN DEPORTIVA FAMU DE VIGO e FEDERACIÓN GALEGA DE JUDO E D.A.

PATROCINADORES: SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE, EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA e EXCMO. CONCELLO DE VIGO.

COLABORAN: BEGANO COCA-COLA, FARO DE VIGO,
RADIO VIGO.

PARTICIPACIÓN: 1.500 JUDOKAS (NENOS E NENAS DE 4 A 14 ANOS) DE TODOS OS CLUBS E COLEXIOS DA PROVINCIA.

LUGAR: IFEVI – RECINTO FEIRAL DE VIGO (COTOGRANDE).

DATA: DOMINGO 18 DE DECEMBRO DE 2011.

Os colaboradores deberán acudir o sábado ás 10:00 hrs para a montaxe e preparación do recinto.

{lang: ‘es’}