Open Británico: Prata para Miguel Romero

Image Hosted by ImageShack.us

Medalla de prata para o judoka vigués do club Vieirasa Famu, Miguel Romero Azpitarte, na súa primeira saída internacional do ano.

Logo da lesión na final do Campionato de España Absoluto da Coruña (Xaneiro), tivo que esperar ata este mes (2-3 Maio de 2009) para poder facer a súa primeira saída internacional na que demostrou que se atopa perfectamente recuperado ao conseguir a medalla de prata no Open Británico de Judo.

O Open Británico é unha das citas imprescindibles do calendario internacional que se disputou no K2 Crawley de Londres coa participación de 15 paises: Alemania, Austria, Bélgica, Canadá, España, Estados Unidos, Francia, Gran Bretaña, Holanda, Irlanda, Luxemburgo, Polonia, Portugal, Rusia e Suiza.

Miguel Romero competiu na categoría de -73kg, que contaba cunha participación de 51 judokas polo que tivo que disputar 5 combates para chegar á final, sendo o máis complicado o enfrontamento de cuartos de final ante o judoka británico Iain Feenan que contaba co apoio do seu público e que ao cabo ocuparía a 3ª praza.

Na final ante o francés Nicolas Mussard malia realizar un bo combate que en todo momento foi moi igualado, viuse sorprendido por un ataque do francés no último momento perdendo a súa opción ao triunfo.

O podio final na categoría de -73 quilos quedou como segue:

1

MUSSARD, Nicolas

FRA

2

ROMERO AZPITARTE, Miguel

ESP

3

FEENAN, Iain

GBR

4

HEIMLICH, Florian

GER

5

SILVA, Augusto

POR

6

WILLIAMS, Danny

GBR

7

GEPPERT, Christian Malte

GER

8

HAINE, Kevin

BEL

Esta medalla de prata é sen dúbida un bo resultado que sen dúbida axudaralle a afrontar con tranquilidade as súas dúas próximas citas internacionais: O próximo fin de semana o Gran Prix de Tunez e os días 13 e 14 de Xuño o Internacional Tretorri de Italia.

{lang: ‘es’}