Sector Junior 09

Trala disputa do Sector Oeste do Campionato de España Junior de Judo, os judokas do Vierasa-Famu Mario Muzas Fernández (-60) e Laura Bajo Borlán (-57), conseguiron a clasificación para o vindeiro Campionato de España Junior que se celebrará o 7 de Marzo en Leganés (Madrid), formando parte dos 25 judokas que representarán á nosa comunidade.
Tamén notable foi o Bronce (4º posto) acadado por David Lorenzo Camaño na categoría de -81 quilos.
