Imaxes Campionato de España 2009
Aquí temos o vídeo creado por CaixanovaTV
Atoparás fotos do campionato celebrado no Coliseum da Coruña a pasada fin de semana (31 de xaneiro-01 de febreiro) na web de arajudo.com así como na da federación galega, onde hai unha pequena galería.
Tamén na web hajimejudo.com onde elixiron a Miguel Romero coma judoka do campionato, están colgados fotos e vídeos dalgunhas das finais.
A TVG emitirá unha reportaxe acerca do campionato na súa nova canle G2 (TDT) o sábado ás 14.19 hrs e o domingo ás 22.15.
