A Festa do Judo 2011 na TVG
16 de January de 2012Reportaxe emitido na Galega 2 sobre a festa do Judo (A partir do minuto 14:40)
Previamente, hai unha reportaxe da judoka galega Sara Álvarez (Campiona de Europa sub 23)
A Festa do Judo 2011 na TVG16 de January de 2012Reportaxe emitido na Galega 2 sobre a festa do Judo (A partir do minuto 14:40) Previamente, hai unha reportaxe da judoka galega Sara Álvarez (Campiona de Europa sub 23) Exhibición Batman Festa do Judo 201112 de January de 2012Exhibición final da festa do Judo Infantil -- Trofeo Mestre De Frutos, realizada o 18/12/2011 no IFEVI.
Éxito da XIX edición da Festa do Judo Infantil20 de December de 2011Máis de 1500 nenos e nenas de clubs e colexios da provincia inundaron o IFEVI nun novo récord de participación na xa tradicional Festa do Judo – Trofeo Mestre De Frutos. As diversas autoridades presentes fixeron entrega dos premios aos mellores deportistas do ano, sendo tamén colaboradores e patrocinadores premiados, gracias ós cales xunto cos 140 voluntarios foi posible unha nova edición da Festa do Judo Infantil. O pabillón con tódalas bancadas completas, asistíu á ilusión coa que estes novos judokas despregaron as diversas técnicas aprendidas e que foron premiadas coas valoracións dos xuíces e un agasallo final. Ó mesmo tempo foron sucedéndose exhibicións de artes marciais no tatami central que culminaron cunha divertida exhibición de defensa personal protagonizada por Batman. A festa foi reseñada en numerosos medios de comunicación, como podemos apreciar neste amplo artigo do Faro de Vigo. Tamén a galega 2 ofrecerá unha reportaxe o vindeiro sábado 24 pola mañá. Todas as fotos desta edición na Galería de Imaxes. Festa do Judo Infantil – Trofeo De Frutos 201115 de December de 2011Esta festa lúdico – deportiva que ano tras ano deixaba pequeno o Pavillón Central das Travesas en Vigo e que xa se converteu nun evento indispensable dentro do noso calendario de actividades, chega este ano a súa 19ª edición e por segundo ano consecutivo o magnífico escenario do pavillón 3 do IFEVI (Instituto Feiral de Vigo) acollerá a uns mil cincocentos nenos e nenas participantes, nunha xornada de mañá, abarrotando as bancadas de público e cunha complexa organización que a continuación pasamos a resumir: ORGANIZACIÓN: ASOCIACIÓN DEPORTIVA FAMU DE VIGO e FEDERACIÓN GALEGA DE JUDO E D.A. PATROCINADORES: SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE, EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA e EXCMO. CONCELLO DE VIGO. COLABORAN: BEGANO COCA-COLA, FARO DE VIGO, PARTICIPACIÓN: 1.500 JUDOKAS (NENOS E NENAS DE 4 A 14 ANOS) DE TODOS OS CLUBS E COLEXIOS DA PROVINCIA. LUGAR: IFEVI – RECINTO FEIRAL DE VIGO (COTOGRANDE). DATA: DOMINGO 18 DE DECEMBRO DE 2011. Os colaboradores deberán acudir o sábado ás 10:00 hrs para a montaxe e preparación do recinto. |